A Plataforma Galega de Voluntariado (PGV) participou os días 22 e 23 de outubro na XXXI Escola de Outono do Voluntariado, celebrada en Cuenca baixo o lema «Voluntariado, refuxio dos valores democráticos europeos». Este encontro constituíu un espazo de reflexión, intercambio de experiencias e aprendizaxe compartida para fortalecer o papel do voluntariado como motor de participación cidadá, cohesión social e defensa dos valores democráticos, coincidindo co Ano Internacional das Persoas Voluntarias, e foi organizado por la Plataforma de Voluntariado de España (PVE).
No marco do Open Space, a PGV tomou parte en dous espazos de traballo: «Metodoloxías participativas en procesos de activación comunitaria» e «Voluntariado e mozos: estratexias de captación». Ambas as temáticas permitiron abordar retos fundamentais para o movemento voluntario: impulsar a implicación activa da cidadanía nas súas comunidades e explorar novas estratexias para achegar o voluntariado á mocidade, favorecendo a súa participación e compromiso social.
Coa súa presenza nestas xornadas, a PGV reafirma o seu compromiso coa formación continua, o intercambio de boas prácticas e a promoción dun voluntariado inclusivo, participativo e adaptado aos desafíos actuais. Unha oportunidade para seguir construíndo redes de colaboración e avanzar cara a unha sociedade máis solidaria, comprometida e democrática.




