ACTUALIDADE

A Plataforma Galega de Voluntariado celebra a súa Asemblea Xeral e incorpora cinco novas entidades

·

2 minutos

POR

Logo da Plataforma Galega de Voluntariado

O pasado 20 de maio, a Plataforma Galega de Voluntariado (PGV) celebrou unha nova Asemblea Xeral Ordinaria, un encontro que reflicte o crecemento sostido da rede dende a súa constitución en decembro de 2025.

Durante a asemblea aprobáronse por unanimidade a Memoria Anual 2025, as Contas Anuais 2025 e o Plan Estratéxico 2026-2028, o documento que marcará o rumbo da PGV nos próximos tres anos e que recolle as liñas de traballo definidas coas propias entidades membro.

Tamén se presentaron as primeiras comisións de traballo da plataforma —Comunicación, Sensibilización, Formación e Xestión Interna—, espazos de participación abertos a todas as entidades membro a través dos que se desenvolverá boa parte da actividade da PGV.

Cinco novas entidades únense á PGV

O momento máis destacado da xornada foi a incorporación de cinco novas entidades, aprobada por unanimidade:

  • A Asociación BREGAL promove a participación xuvenil, o voluntariado e a educación non formal. Traballa para fomentar a inclusión social e a cidadanía activa.
  • A Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral – APAMP apoia ás persoas con parálise cerebral e discapacidades afíns. Ofrece servizos que favorecen a súa autonomía e inclusión social.
  • FISA Boa Vida impulsa a vida independente e a inclusión de persoas en situación de vulnerabilidade. O seu labor céntrase no apoio personalizado e na accesibilidade.
  • Canal Sénior ofrece formación dixital gratuíta para persoas maiores de 55 anos. Axuda a reducir a fenda dixital e promove a aprendizaxe continua.
  • ONCE traballa pola inclusión das persoas con discapacidade. Fomenta o emprego, a formación e a accesibilidade para garantir a igualdade de oportunidades.

Con estas incorporacións, a PGV alcanza as 28 entidades membro, consolidándose como a principal rede de coordinación do voluntariado en Galicia. Dámoslles a benvida e sumámonos á ilusión de construír xuntas un voluntariado máis forte e máis visible.