ACTUALIDADE

A Plataforma Galega de Voluntariado incorpórase á Plataforma do Voluntariado de España

·

1 minuto

POR

Logo da Plataforma Galega de Voluntariado

A Plataforma Galega de Voluntariado (PGV) foi admitida como membro da Plataforma do Voluntariado de España (PVE) na súa última Asemblea Xeral, celebrada en Madrid o pasado 29 de maio. Coa nosa incorporación, a PVE pasa a estar constituída por 84 integrantes, representando así ao conxunto do movemento voluntario do Estado.

A Asemblea enmarcouse nunhas xornadas de traballo que se desenvolveron do 27 ao 29 de maio, nas que participaron presidencias e representantes de plataformas autonómicas de todo o territorio. Durante eses días abordáronse cuestións clave como a análise das normativas europeas en materia de voluntariado, a incidencia política da acción voluntaria, a sostibilidade do sector e os principais retos que afrontan as organizacións.

Para a PGV, esta incorporación supón un paso importante no noso camiño como rede galega de segundo nivel: formar parte da PVE permítenos acceder a espazos de coordinación e intercambio estatal, participar en proxectos e iniciativas conxuntas, e contribuír a construír unha voz común do voluntariado que chegue máis lonxe.

Seguimos traballando, agora tamén dende esta nova rede, polo fortalecemento do voluntariado en Galicia.