A Plataforma Galega de Voluntariado estivo presente nos días 27, 28 e 29 de maio nas xornadas organizadas pola Plataforma do Voluntariado de España (PVE), un espazo de intercambio e coordinación que reúne ás representantes das plataformas autonómicas e provinciais de todo o Estado.
Durante tres xornadas de traballo intenso, as presidencias das diferentes plataformas territoriais puxeron en común o estado do voluntariado en España: os avances lexislativos en cada comunidade autónoma, as estratexias de incidencia política en marcha e os retos compartidos do sector. Tamén se traballou nunha folla de ruta co obxectivo de construír unha axenda política común que posicione ao voluntariado como actor clave na vida pública.
O encontro foi tamén ocasión para compartir datos do Observatorio do Voluntariado, que sitúan a unha de cada tres persoas maiores de 14 anos a facer voluntariado en España, e para reflexionar sobre cuestión de igualdade de xénero no terceiro sector, a sostibilidade das organizacións e o papel das plataformas territoriais no fortalecemento institucional do voluntariado.
A participación neste espazo supón para a PGV un impulso renovado para seguir traballando pola mellora do marco normativo do voluntariado en Galicia, o fortalecemento da nosa rede e a construción dunha voz común do voluntariado galego.




